Share/Bookmark

"Carmiña a vacaloura"

No comment yet

"Carmiña a vacaloura", originalmente cargada por Broullas ( Damian ).

"Carmiña a vacaloura"

Este é o conto de Carmiña Vacaloura,
a vacaloura máis xentil do lugar,
Carmiña vivía nun vello carballo,
e levábase ben con todo o mundo en xeral.
Pero ó pé do carballo nun burato,
Pepiño Grilo daba a lata todo o ano,
e Carmiña Vacaloura non o podía aturar.
"Grilo do demo que so ve-la palla,
no ollo alleo, para xa de falar":
Non ves que ninguén atende os teus consellos
por mor da túa catadura moral.
Así falaba Carmiña cabreada,
abrindo as fauces,e poñendo mala cara.
"¡Ti que saberás o que está ben ou está mal!"

Carmiña Vacaloura fai ben,
o grilo a ela tanto lle ten:
Do que non se pode falar,
o mellor é sempre calar.

"Non fagas isto, non fagas o outro,
a metamorfose a levas moi mal"
Pepiño Grilo tiña frase para todo,
pouco cri-crí e moito bla bla bla.
Se chego atrde, porqué chego tarde,
se chego cedo porqué chego cedo.
¡Faga o que faga chega sempre o sermón!
¿Onde se viu un grilo con chistera,
acaso e o grilo do Santo Grial?
¿Onde se viu un insecto insectizida?
Non ten amigos, nin nunca os terá.
E os demais insectos que xa estaban fartos
reuníronse preto do carballo,
e foron a Carmiña a pedirlle solución.

Carmiña ti que es grande e xentil,
bota a Pepiño de aquí.
O que non se pode aturar,
o mellor é facelo calar.

"A paciencia e a conciencia:
son asuntiños de mal casar,
son cousas de moito pelexar.
Non son vaca nin son loura,
pero o grilo vaime escoitar,
as miñas fauces vanlle asustar"

¡Pepiño emigrou dende o carballo ata o Nepal!
Gracias vacaloura xentil, polo que fixeches por nós.
O que non se pode aturar,
o mellor é facelo calar.

Do que non se pode falar,
o mellor é sempre calar.
Do que non se pode falar,
o mellor é sempre calar.
Do que non se pode falar,
o mellor é sempre calar....

www.youtube.com/watch?v=yh7S039PmWo

HOME | ABOUT

Copyright © 2011 Broullas (Damian Castro) | Powered by BLOGGER | Template by 54BLOGGER