Share/Bookmark

Lucanus cervus

No comment yet

Lucanus cervus, originalmente cargada por Broullas ( Damian ).

Lucanus cervus

Os cornos da vacaloura, por similitude cos cornos dos animais domésticos ou os dentes cairos do porco ou do xabaril ou os esporóns dos galos, todos eles armas de defensa, son considerados en Galicia amuletos protectores e moi usados para protexerse contra as meigas e o mal de ollo. Lévanse no peto ou colgados sobre o peito, dentro dunha bolsiña; no caso dos meniños, un destes cornos atado no pulso protéxeos contra o enganido (raquitismo).

A auga de cocer flores e follas de sabugueiro, fiúncho e ruda cun corno da vacaloura obtense un feitizo de amor[6]:

Sabugueiro de folla repinicada...
collereiche un ramallo na madrugada...
Cocereiche con cornos de vacaloura
con fiuncho e con ruda dos arredores,
da ermida feituqueira da Virxen loura
pra facer un feitizo pros meus amores.

HOME | ABOUT

Copyright © 2011 Broullas (Damian Castro) | Powered by BLOGGER | Template by 54BLOGGER